BaloncestoDeportesÚltima hora

O equipo de Lucas Mondelo cae en cuartos ante Francia e despídese dos Xogos Olímpicos de Tokio

A selección nacional feminina de baloncesto que adestra o técnico con orixes no Barco, quedaba a tres puntos (64-67) das semifinais

Lucas Mondelo dando indicacións ás xogadoras no partido ante Francia.

 

Non pudo ser. A selección nacional feminina de baloncesto que adestra Lucas Mondelo, técnico con orixes no Barco, apurou ata os últimos segundos dos cuartos de final as súas opcións de chegar ás semifinais destes Xogos Olímpicos de Tokio, nos que xogaron realmente ben, pero quedaron sen tempo e co (64-67) no mcarcador quedaban ás portas e dicían adeus ás Olimpíadas.

España chegaba a cuartos tras vencer a Corea do Sur (73-69), a Serbia (85-70) e a Canadá (76-66), e no mediodía deste mércores 4 de agosto disputaba o último partido de cuartos ante Francia (subcampioa de Europa), un equipo que lle tiña ganas ás de Mondelo.

Desde o comezo do partido percibíase que non ía ser doado. Ambos os equipos empezaron con moita intensidade pero España atopou un mellor acerto. Foi Ouviña, moi agresiva a ambos os dous lados da pista, quen marcou o ritmo de xogo nestes compases iniciais e a gran actividade defensiva de España impedía a Francia atacar con comodidade, e aínda que o balón non quería entrar, as españolas lograban remontar chegando ao descanso co 30-36 no marcador.

O equipo recompúxose dos momentos complicados grazas a unha boa defensa e chegou ao final do choque con moitas opcións de impoñerse a Francia, pero mala fortuna na canasta e nos instantes finais afasta a España do seu soño olímpico. Con todo, máis pronto que tarde o equipo recompoñerase para volver pelexar polas medallas dun gran torneo.

 

O seleccionador nacional de orixe barquense, Lucas Mondelo.

Artigos relacionados

Back to top button