O reformado campo do Bañadoiro en Vilamartín de Valdeorras inaugurábase da mellor forma posible: coa celebración dun exitoso torneo de fútbol 7 no que participaban 16 equipos da comarca e tamén de zonas limótrofes como Viana, Quiroga ou Ponferrada.
Logo de tres intensas xornadas de partidos (disputábanse de dous en dous), na tarde deste domingo 14 de xullo tiña lugar a gran final entre o equipo Edesa de Ponferra e o Tramación con xente de varios equipos da comarca de Valdeorras.
Seguido por numeroso público a pé de campo e pouco antes de que España e Inglaterra xoguen a final da Eurocopa 2024, o Edesa proclamábase campión da primeira edición deste torneo que leva por nomo ‘Camiño de Inverno’ logo de vencer 8-3 aos locais.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
