DeportesÚltima hora

O equipo feminino de fútbol 11 da Rúa non competirá esta tempada

O Rúa-Valdeorras CF é unha das baixas na liga de segunda división galega
O equipo do Rúa-Valdeorras C.F. tras un partido na pasada tempada./ Foto: Mónica G. Bellver.

Durante varios anos, cada quince días durante a tempada de fútbol, os afeccionados desfrutaban no campo do Aguillón na Rúa, vendo xogar ás rapazas. Pero nesta tempada que xa arrancou, non será así.

A falta de xogadoras e dun adestrador titulado, obrigaba ao presidente do Rúa-Valdeorras C.F. a tomar unha decisión: este ano o equipo feminino de fútbol 11 non competirá. “Marcharon seis, entre elas as dúas porteiras e non temos rapazas para cubrir esas baixas porque as nenas que hai son de 8-9 anos e ata os 13 non poden competir nesa liga”, explica Umberto, asegurando que de momento manterá o club.

“Para que xogaran as rapazas que si queren e non deixar morrer o club, tiña en mente montar un equipo de fútbol sala, a ver se dentro dun par de anos podía volver meterse en fútbol 11, porque con 13-14 xogadoras é imposible e máis despois dos resultados do ano pasado, pero mentres non consiga un adestrador federado no vou facer nada porque senón todo son multas”. E tampouco nese tema é a cousa doada. “Solicitei poder sacar o carné de adestrador de fútbol sala na Rúa pero piden un mínimo de 15 e hai 8. Hai unha desidia moi grande”, di Umberto asegurando que lle dá mágoa porque hai 8-9 nenas moi ilusionadas “por iso quería montar o equipo de fútbol sala na liga feminina provincial pero a base é ter un monitor, ademais hai que facer moitos cambios, entre eles de directiva, despois xa veremos que podemos facer”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button