DeportesÚltima hora

O equipo feminino do Adas, 5º no galego de clubs de pista cuberta

 

Cun quinto posto remataba o equipo feminino do Club Adas Cupa do Barco a súa participación na XVIII Copa galega de Clubs de pista cuberta, celebrada o 7 de xaneiro en Expourense. “Un ano máis, volvemos estar entre as mellores a pesar das baixas”, expican dende o club, que destaca ademais a estrea de “moitas de nosas peques que gozaron coas actuacións das maiores”.

Así mesmo, o Adas agredece o apoio das “nosas asociadas da Mochila do deporte que sumaron e fixeron este 5 posto posible. De rebote dous mínimas nacionais de María e Sara, unha mmp de Inés e Nerea , así como un excelente salto de Tania”, indican dende o Adas.

Resultados

60.. Lina. Castro ..8
200.. Lucía Vázquez. 7
400.. Paula Vázquez. 5
800.. Inés Docampo 1
1500.. María Cedrón 1
3000.. Sara Lopez 2
60 v.. Aldara Vázquez 8
Lonxitude… Tania Valverde 3
Altura.. Aldara Basteiro 5
Triplo… Xiana Pungín 8
Pertiga.. Nerea Fernández 3
Peso.. Ainara Alejandre 7
4×400. Ines, María, Lucía e Sara. 4

 

Celta e Gimnástica domiñan a Copa Xunta de Galicia

Atletismo Femenino Celta na categoría feminina e Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, cumpriron os prognósticos e impuxéronse nunha nova edición correspondente á Copa Xunta de Galicia de Clubs de pista cuberta disputada o citado 7 de xaneiro en Ourense e que xuntou aos oito mellores equipos galegos de cada categoría.

Os pontevedreses lograban sumar un novo título copero logo de rematar a competición cun total de 90,5 puntos o que lle permiten ampliar a formidable racha consecutiva de dez copas gañadas. No día de hoxe o seu triunfo estivo cimentando nas victorias parciais tanto de Victor Gallego en peso como de Anxo Blanco en triplo, Carlos Porto nos 3.000 m. e a do sevillano Alfonso García en altura.

Xunto aos gañadores, o Real Club Celta ocupada o segundo lugar do podio logo de sumar 86,5 puntos e o Atletismo Santiago facía o propio no terceiro lugar cun total de 63 puntos.

Nas mulleres tampouco existiron sorpresas, cun Celta Feminino domiñando comodamente o encontro no que chegaba a sumar un total de 85 puntos grazas en parte, aos triunfos parciais na proba dos relevos; de Andrea Pais nos 200 m. Esther Navarrete nos 3.000 m. e das atletas filiais Lola Bouza na pértega e da plusmarquista galega dos 100 m. Ainhoa Repáraz nos 60 m. Este podio supón a novena vez que as celestes logran este título erixíndose como as grandes domiñadoras do mesmo.

Acompañando ao Celta estiveron en zona de podio as pontevedresas da Gimnástica a catorce puntos e o Ría Ferrol no terceiro lugar a dezaseis.

Fotos: Club Adas Cupa.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button