Moi orgullosos están no MV Barco dos seus equipos, e moi especialmente dos júniors. Na xornada do domingo 7 de abril, pouco despois de que o masculino se proclamase subcampión de liga (vencía 60-42 contra Depordima e perdía 44-43 contra ADO Blanco Amor), o feminino levantaba a copa de flamante campión.
As rapazas do club barquense vencían 37-38 ao ao EDO Campo Amor na súa cancha na xornada do sábado e repetían proeza na final disputada no polideportivo Salesianos (en Ourense) contra AB Xinzo, ao que superaban por 48-35.
Fotos cedidas