Como líder da 2ª división júnior masculina Ourense vén de rematar o equipo do MV Barco a primeira volta da liga regular, tras vencer 70-46 ao Val de Lemos.
Coa lograda na mañá deste domingo 3 de decembro no pavillón barquense de Calabagueiros, os rapaces que adestra Patricia Gómez sumaban a quinta vitoria noutros tantos partidos disputados nesta primeira volta.
Tamén na mañá deste domingo xogaba en Calabagueiros o equipo sénior que vencía 65-61 ao Imprenta Club Baloncesto de Ourense.
Fotos: Lois Prada.