DeportesFútbol salaÚltima hora

O equipo xuvenil do Vianariño FS proclámase campión da Copa Deputación Futsal Base 2024

 

Moi orgullosos están os afeccionados vianeses de fútbol sala, e non é para menos. No ano da súa creación, o equipo xuvenil do Vianariño FS xa conquistou unha copa.

No mediodía deste domingo 23 de xuño o conxunto vianés proclamábase campión da Copa Deputación Futsal Base 2024 tras vencer na final xogada no pavillón municipal de Barbadás contra o Ribeiro de Avia por 3-6, nun partido “disputado ata os minutos finais”, aseguran orgullosos dende o club celeste.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button