EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O Escondite Inglés (rock bar) celebra o seu 1º aniversario na Rúa cun xantar, música en directo e moitas sorpresas

 

Parece que foi onte e xa pasou un ano dende que o Escondite Inglés (rock bar), un novo establecemento hostaleiro que substituía ao antigo local de copas Dipöp, abría as portas na rúa Doutor Vila, na Rúa, reconvertido nun espazo no que tomar unha caña, escoitar música e tamén comer, con Vero e Santi á fronte.

 

 

Un ano no que se cubrían as expectativas, non só como local hostaleiro senón tamen como espazo cultural, e que están a celebrar por todo o alto na xornada deste sábado 29 de marzo xunto a clientes e amigos.

O programa comezaba cunha sesión “vermú torero” a cargo de Dj Repunante e o cocteleiro Adrián Costa, para continuar cun xantar especial. A sesión musical de tardeo correrá por conta de El Patrio de Leni (AMAVA) e a da noite, da banda compostelana Grilo.

 

 

Ademais, ao longo da xornada sortearanse camisetas e tazas do local.

Dobre aniversario

A deste sábado foi unha dobre celebración para Mario que ademais de festexar o 1º aniversario do Escondite Inglés, aproveitaba para festexar o seu propio, rodeado dun bo ambiente e con tarta incluída.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button