Titúlase “O aprendiz de druída” e será presentado o 29 de maio no CEIP Condesa Fenosa do Barco
O mestre vilamartinés David D. Vázquez López vén de sumar un novo título á súa longa traxectoria como escritor de literatura xuvenil. Trátase de “O aprendiz de Druída”, un libro que será presentado o vindeiro xoves 29 de maio ás 18h. no salón de actos do CEIP Condesa Fenosa, centro no que imparte clases.
A obra busca envolver ao lector nun mundo máxico “onde o amor e o valor, a maxia e realidade se funden; nun mundo onde os galegos e os romanos loitan nunha guerra desigual”.