Nas xornadas de onte e hoxe, está instalado na praza do Concello do Barco de Valdeorras, o espazo itinerante Creactivity, deseñado por Fundación la Caixa que, a través do seu programa EduCaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.
Dirixida a grupos escolares de 1º a 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, Creactivity é un facilitador que acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 60 minutos por clase polas que xa pasaron varios colexios, entre eles o Divina Pastora.
A través dun contexto innovador de aprendizaxe inspirada no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.
O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis. Alí, os alumnos traballan competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.
Fotos: Carlos G. Hervella.



