ConcellosGalerías de fotosQuirogaÚltima horaVídeos

O espectacular concerto da orquestra Panorama abre as festas de verán en Quiroga

 

Por todo o alto. Coa celebración da Mostra do Mel e a actuación da orquestra Panorama, abría Quiroga as festas de verán que se estenderán ata o domingo.

 

 

Despregando todo o seu espectáculo, tanto musical como de coreografía e iluminación, a Panorama volveu conquistar ao público. Un público entregado, chegado dende diferentes partes de Galicia que seguía aos músicos no seu variado  repertorio que inclúe temas de todos os tempos e estilos, para todos os gustos.

 

 

Entre os asistentes había moita xente de Valdeorras que poderá ver de novo a esta destacada orquestra no mes de setembro xa que case con toda seguridade actuará nas Festas do Cristo, no Barco de Valdeorras dentro do Life & Music Tou “Viaxe ao centro da Música”, a xira musical que presenta neste 2023.

 

 

A programación en Quiroga continúa hoxe ás 23 horas co concerto de Lys Pardo, seguido do de Os Platinos con música dos 80 e da disco móbil Radical co DJ Raúl Romero. Mañá, sábado 12 de agosto, estará adicado á música tradicional. Pola mañá haberá unha alborada a cargo de A Volta do Agro; en torno ás 13 horas a sesión vermú co grupo de versións Os Broders de Vilamartín; e pola noite Os Melidaos, grupo de música tradicional galega.

 

 

E xa o domingo día 13 de agosto, a sesión vermú será con 2 en Punto da Coruña e pola noite ás 22 horas haberá un grupo de animación de troula para os nenos. Para as 23 horas está prevista a sesión de fogos artificias na praza España e ás 23:30h. o concerto de Gin Toni’s.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button