CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O espectáculo teatral da Caniceira inaugura a exposición de cogomelos na Casa Grande de Trives

 

Un ano máis era o grupo de teatro de A Caniceira quen inauguraba a exposición de cogomelos das Xornadas Micolóxicas organizadas polo Club Montaña Trives.

Na tarde do sábado 5 de novembro, as artistas poñían en escena un divertido, animado e colorido espectáculo en torno ao mundo das setas, no patio interior da Casa Grande de Trives, que coma sempre engailou aos asistentes, antes de ver os diferentes tipos de cogomelos recollidos pola mañá no monte e clasificados coa axuda dos profesionais da asociación micolóxica Os Cogordos.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button