
Ourense acolle un ano máis o Festival Blues Teatro Principal, unha iniciativa musical que cumpre 13 edicións facendo da “melancolía” do blues un bo aliado para gozar das noites de outono. Así definía este tipo de música o vicepresidente da Deputación, que estivo presente no acto de presentación da programación acompañado da directora do Teatro Principal, Olga Mojón, o presidente do Liceo, Javier Casares, o secretario da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Jaime Pereira e o produtor Alfonso Cito. A cita musical celebrarase os días 4 e 5 de novembro e desplegará os seus espectáculos en tres escenarios distintos: no propio Teatro, no Liceo e na CEO.
A música blues será a gran protagonista destas dúas xornadas que incluirán concertos, jam sessions gratuítas e masterclasses. As bandas que conforman este intenso cartel son Jodie Cash Fingers, Doghouse Sam & his Magnatones e Shirley Davis & The Silverbacks. Tamén estará Richard Ray Farrell, que nesta ocasión virá ao festival para impartir varias masterclass sobre o mundo do blues e da guitarra.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O SIL.