Este está sendo un bo ano para a deportista valdeorresa Isabel Vázquez, parte do corpo técnico do Victoria CF da Coruña. Á parte de coordinar o II campus feminino que se celebrará en xullo en Vilamartín de Valdeorras, ten a un dos seus equipos na final da Copa A Coruña.
O equipo feminino B do Victoria CF que Isabel adestra xunto a Andrés (segundo adestrador) xogará en Riazor a final da I Copa A Coruña. O equipo ganaba 0-3 ao Meicende (oitavos), 0-7 ao Burgo (cuartos) e 0-1 ao Cambre marcando no minuto 87 (semifinais) e a final contra Orzán xogarana este xoves 8 de xuño a partir das 18 horas. Ese mesmo día o equipo masculino do Victoria tamén xogará a final contra o Olímpico, ás 20:30h.

Ademais do filial feminino do Victoria, Isabel adestra ao cadete feminino (terceiro en liga) e coordinando a base do feminino, equipo promesas recentemente campión de Galicia, que vencía na volta da final 0-3 ao Mos (na ida vencían 6-1) proclamándose campeonas de liga.
Tal como explica Isabel, o club está moi centrado en traballar a base “para que as xogadoras cheguen ao primero equipo que compite en 1ª División Nacional”.

Fotos cedidas.