Da praza do Ferro da cidade de Ourense ata a provincia da Coruña. Este é o percorrido que traza o filme ‘Pelerinaxes’, do director italo-galego Simone Saibene. Neste traballo recréase a viaxe que en 1927 realizaban Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido. Esta longametraxe ten sido seleccionada para formar parte da sección “documentais creativos” do 14hº International Indipendent Festival de Daca, e proxectarase cun único pase este venres 9 de decembro.
“Pelerinaxes” sitúase “entre a ficción e o documental” e nel altérnase o percorrido da protagonista (Luzia, interpretada por Carmen Méndez), con entrevistas a mulleres e homes, figuras do mundo cultural galego. Ademais de Méndez, do reparto deste filme forman parte os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco.