DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, club ganador da 2ª Copa España clásica de augas bravas disputada no Sil

 

Tras os bos resultados acadados na Copa Sprint de Descenso de Augas Bravas, celebrada o 15 de maio en augas do Sil, o Fluvial Barco segue sumando éxitos na casa neste domingo, desta volta na segunda xornada da Copa España de Augas Bravas xa na modalidade clásica.

Así, o club valdeorrés impoñíase nesta competición española (cuxas saídas empezaban a darse ás 10h. desta mañá dende Éntoma) na que sumaba un total de 223 puntos. En segunda posición quedaba o Sicorís Club con 146 puntos, mentres que o Montaña Quixós de Monforte de Lemos era terceiro con 76 puntos.

Esta competición era, á vez, campionato galego de descenso de augas bravas clásica, co cal o Fluvial Barco sumaba así mesmo o título autonómico na proba.

A nivel individual destacaban seis podios de padexeiros do equipo valdeorrés na Copa España Clásica: Manuel Freire vencía en C1 sénior, Fernando García ganaba en K1 veteranos e Roberto Núñez era segundo nesta mesma categoría; ademais Jesús Rodríguez enraba segundo en K1 sénior e Sergio Ruiz terceiro nesta mesma proba. Finalmente, Daniel Rodríguez era terceiro en K1 júnior.

Fotos da galería: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button