DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco, cuarto tras a Copa España clásica e sprint de augas bravas no río Sil

 

A competición de augas bravas que se desenvolvía na pasada fin de semana no Barco completábase na mañá do domingo 26 de abril o domingo coa Copa España clásica individual, con saída dende Éntoma ás 10h. e chegada ao Cachón.

Xa a partir das doce dábase paso ao Campionato de España de patrulla (equipos de tres padexeiros) na modalidade clásica, co mesmo percorrido.

 

 

Despois tiña lugar o acto de entrega de premios, á mesma beira do río Sil, no que tras a suma das competicións nacionais clásica e sprint, o Club de Piragüismo Cidade de Lugo facíase co primeiro posto, seguido do Sícoris Club de Lleida e do C.M. e Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos. A cuarta posición correspondíalle ao club anfitrión, o Fluvial Barco.

 

 

Dende a Federación Galega de Piragüismo expresaba o seu agradecemento e felicitacións a “padexeiros, técnicos, xuíces e ás familias” e, de xeito especial, facía un “recoñecemento ao C. Fluvial O Barco como club anfitrión”.

 

 

Resultados da 3ª COPA DE ESPAÑA DE AUGAS BRAVAS – CLÁSICA + CAMPIONATO DE PATRULLAS (feitos públicos pola Federación Galega de Piragüismo):

📍 O Barco · 26 de abril de 2026
🏅 CLASIFICACIÓN POR CLUBS (Clásica + Sprint)
🥇 C.P. Ciudad de Lugo — 1.694
🥈 Sicoris Club — 1.283
🥉 C.M. y Pira. Quixos — 1.227
4º C. Fluvial O Barco — 1.093
5º C.D La Ribera Oviedo — 495
6º C.P.F. Avión Castrelo — 373
7º C. Sal. Canoe Kayak — 258
8º C.P. Vilagarcía — 146
9º C.M. Mahón — 96
10º C.D Capitán Nemo — 72
11º C. Pisuerga Valladolid — 72
12º Caiac Extremo Galicia — 67
13º Atlético San Sebastián — 50
→ 3 dos 4 primeiros postos do ranking xeral son clubs FGP.
→ 6 dos 13 clubs participantes son galegos.

  • PALISTAS GALEGOS – OUROS NA COPA DE ESPAÑA (5 de 12 títulos)
    🥇 K-1 H Sénior — Guillermo Fidalgo (C. Fluvial O Barco)
    🥇 K-1 H Veterano — José Antonio Girón (C. Fluvial O Barco)
    🥇 K-1 H Júnior — Brais Bargados (C.P. Ciudad de Lugo)
    🥇 K-1 M Cadete — Olivia Lamas (C.P. Ciudad de Lugo)
    🥇 C-2 M Sénior — Noa Díaz / Sara Varela (C.M. y Pira. Quixos)
    Resto de pódios Copa de España:
    🛶 K-1 M Sénior: Raquel Carbajo (C.M. Mahón)
    🛶 K-1 M Júnior: Noa Hernández (C.D La Ribera Oviedo)
    🛶 K-1 H Cadete: Alex Sole (Sicoris Club)
    🛶 C-1 H Sénior: Alan Padilla (Sicoris Club)
    🛶 C-1 H Júnior: Diego Portilla (C. Sal. Canoe Kayak)
    🛶 C-1 M Sénior: Eider de Santos (Atlético San Sebastián)
    🛶 C-2 H Sénior: Padilla / Jiménez (Sicoris Club)
    🛶 CAMPIONATO DE PATRULLAS (K-1) — 2 de 4 títulos para Galicia
    🥇 H Sénior: C.D La Ribera Oviedo
    🥇 M Sénior: C.P. Ciudad de Lugo
    🥇 H Cadete: Sicoris Club
    🥇 M Cadete: C.P. Ciudad de Lugo

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button