
O río Guadalquivir ao seu paso por Sevilla acollía na pasada fin de semana o campionato España de piragüismo de inverno para as categorías Junior, Sub23 e Sénior en embarcacións individuais, sobre unha distancia de 5.000 metros. Un total de 792 piragüistas (530 homes e 262 mulleres), pertencentes a 113 clubs do conxunto da xeografía española acudían á cita, que se disputaba sen público e baixo unha estritas medidas de seguridade.
Entre os participantes estaban catro representantes ourensáns da categoría senior (absoluta) dos clubs Fluvial O Barco (3) e Fluvial Allariz (1). O mellor resultado viña da man de Miguel Fernández Castañón, que vestía a camiseta do Fluvial Barco, que quedaa sexto.
Esta foi a primeira competición nacional da tempada, despois dunha longa paréntese, xa que durante o ano 2020 a Federación Española de Piragüismo suspendeu todas as competicións nacionais do seu calendario oficial. Polo tanto, desde finais do ano 2019 ata a data, era esta, a primeira competición nacional desta “nova normalidade”.
Os resultados dos deportistas da provincia no campionato son os seguintes:
Fluvial O Barco
Miguel Fdez. Castañón: 6º
José Julián Becerro: 10º
Jesús Rodríguez León: 28º
Fluvial Allariz
Pablo Feijóo Vilanova: 97º