CulturaCulturaÚltima hora

A Xunta fortalecerá a cooperación internacional ao redor do Camiño de Santiago

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, compromete o apoio do Goberno Galego a fortalecer a colaboración internacional ao redor da ruta xacobea a través da Federación Europea do Camiño de Santiago, “porque a ruta xacobea é un dos grandes proxectos históricos de Europa e un dos poucos proxectos comúns europeos que segue vivo tras 1.200 anos”.

Así o aseguraba durante a asemblea xeral desta entidade, na que a Xunta ostenta a Presidencia, á que asistía hoxe e onde apostou por que esta Federación teña capacidade “para xestionar proxectos que melloren a protección, xestión, desenvolvemento e promoción dos roteiros xacobeos”, e tamén para analizar a situación do Camiño en canto ás súas posibilidades, riscos e fortalezas.

Para tal fin, o director de Turismo de Galicia adiantou que se puxo a disposición da Federación “os nosos especialistas no Camiño de Santiago, integrados na sociedade de xestión do Plan Xacobeo; ofrecemos a nosa sede e persoal para operar este Itinerario, e asumimos, xunto coa Federación Portuguesa, os traballos de preparación das memorias e informes necesarios para renovar a certificación do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo”.

Artigos relacionados

Back to top button