ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

O Fulión da Mourela p’acá visita Cernado (Manzaneda)

 

Continúan as visitas do Fulión da Mourela p’acá ás aldeas do municipio de Manzaneda. Tras tocar en Trabazos e Raigada, esta fin de semana achegábase ata Cernado. Así na noitiña de onte sábado, dous representantes do fulión, seguindo a tradición, solicitar en verso o permiso para poder tocar nesta aldea.

“A máscara que siempre pide o permiso/ eiquí hoxe non pode estar,/ e pai primeirizo/ da meniña tivo que coidar./ Así que un chisco/ tuven que pensar./ Talvez non nacín/ nesta gran tradición,/ pero fágoo/ con moi boa intención”, comentaba unha das veciñas do fulión visitante. A solicitude continuaba coa intervención dun dos membros máis xoves do fulión que, finalmente, sinalaba: “E sen máis demora/ pídovos o permiso/ para desta ronda desfrutar”.

Solicitude que concedían, tamén en verso, dúas Mázcaras de Cernado: “Outro ano esperando/
para con vos poder pasar/ un anaquiño da noite/ poder desfrutar”, dicía a primeira, mentres que a segunda daba expresamente o plácet para tocar: “Que empece este fulión,/ non nos imos demorar/ porque se fora por nós/ tocabamos ata o almorzar”.

 

 

Soaban entón as chocas das Mázcaras e os instrumentos do fulión, nunha ronda pola aldea que remataba cunha merenda ofrecida polos veciños de Cernado aos visitantes.

Fotos e vídeo cedidos.

https://youtube.com/shorts/erTLreEzP-U?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button