DeportesFútbolÚltima hora

O futbolista valdeorrés ‘Brais Meco’ ficha polo Atlético Escairón

Brais Meco./ Foto: Atlético Escairón.

 

Brais López Baptista, máis coñecido futbolisticamente como ‘Brais Meco’ volve cambiar de equipo. Tralo seu paso polo Club Lemos e o CD Rúa, o deportista natural de Petín vén de fichar polo Atlético Escairón, que xoga na Preferente Futgal, para a tempada 24/25.

Procedente do Club Deportivo Rúa co que colaborou o ano pasado, chega ao club do concello lucense do Saviñao para xogar de centrocampista.

Artigos relacionados

Back to top button