CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O gardameta Aitor Arias e o dianteiro Jaime Almagro deixan O Barco

Aitor Arias./ Foto: CD Barco.

 

Con dúas baixas comeza a semana o Centro de Deportes Barco. Por unha banda, a do gardameta Aitor Arias que tras dúas tempadas defendendo a portería barquense, nas que se fixo co cariño e respecto da afección, despídese do equipo valdeorrés.

Facíao a través das redes, cunha sentida mensaxe na que asegura que remata a súa etapa no CD Barco. “É unha decisión moi meditada, espero que entendades a miña situación”, di, agradecendo o ben que foi tratado. “Fixéstesme sentir moi especial. Deséxovos o mellor e sempre vos levarei no meu corazón”, conclúe.

O porteiro valenciano de 24 anos chegou a a Valdeorras no verán de 2021, sendo clave en partidos como o play off de ascenso da pasada tempada. Dende as redes sociais, o club barquense asegura que as despedidas non gustan, pero cando se trata dunha persoa coma el menos aínda. “Gran profesional, bo compañeiro e sobre todo unha excelente persoa. Desexámosche moitísima sorte nesta nova etapa da túa carreira”, din.

A outra baixa anunciada no día de hoxe é a do dianteiro madrileño Jaime Almagro. Dende o CD Barco deséxanlle tamén sorte na nova etapa asegurando que “foi pouco tempo, pero o suficiente como para descubrir a un gran profesional e unha gran persoa”.

 

Jaime Almagro./ Foto: CD Barco.

Artigos relacionados

Back to top button