EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O GDR Limia-Arnoia lanza a campaña “Merca no teu concello, SEN IR MÁIS LONXE”

Esta iniciativa mostra a unión de varias comarcas, 25 concellos e comerciantes e hosteleiros para promover o consumo local

Imaxe da presentación desta campaña. De esquerda á dereita: Xosé Manuel Puga, Eva González, Gumersindo Lamas (presidente do GDR) e Marián Novoa.

 

O Grupo de Desenvolvemenro Rural (GDR-10) Limia-Arnoia, os 25 concellos destas zonas e os comerciantes do territorio veñen de presentar a campaña de sensibilización e promoción do consumo local “Merca no teu concello, SEN IR MÁIS LONXE”.

Deseñada e articulada nas semanas de confinamento, esta iniciativa busca lanzar agora unha mensaxe de confianza e apoio ao comercio local. “Eles estiveron sempre con nós, e é o momento de estar con eles”, sinala Sindo Lamas, presidente do GDR Limia-Arnoia.

A campaña destaca por entender que “entre todos e todas podemos ofertar un mellor produto e/ou servizo, e o seu lema de campaña pretende dicirnos merca no concello máis próximo, merca na comarca,… é dicir, busca preto o que precises. Pois, todo o que precisas, está sen ir máis lonxe”, explican dende o GDR.

 

 

“Merca no teu concello, SEN IR MÁIS LONXE” é unha campaña na que destaca a implicación de varias comarcas (Allariz_Maceda, Terras de Celanova, A Limia e a Baixa Limia) co fin común de “pór en valor ao comercio e hostelería local, como eixos imprescindibles na economía dos noso territorios, que o Covid puxo a proba. Se somos capaces de manter a estrutura económica local, somos capaces de manter con vida as áreas rurais. É unha oportunidade, na que todos e todas podemos colaborar”, aseguran dende o GDR.

A campaña inclúe material promocional como un vídeo e tamén sorteos e premios. De feito rematará cun sorteo de 58 bonos para gastar no territorio, por un valor total de 10.500 € en premios. Poderán concorrer ao sorteo, todas as persoas con compras superiores a 40 € nos establecementos de comercio ao por menor e hostalería do territorio do GDR.

Artigos relacionados

Back to top button