A Xunta Directiva do Grupo de Desevolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, como entidade colaboradora da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia na xestión do programa Leader, vén de resolver a quinta concesión de axudas do programa Leader 2014-20 que está a xestionar nos 13 concellos que o integran (Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, As Nogais, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, O Saviñao , Sober e Triacastela).
En total foron concedidas novas axudas a un total de 28 proxectos, que suporá un investimento total de 1.590.344,55 € e recibirán axudas Leader por un importe total de 735.844,47 €, segundo informa a entidade.
O desglose segundo tipoloxía de proxectos é o seguinte:
– Son 10 os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investirán 178.885,41 € e recibirán 138.864,00 € de axudas Leader.
– Son 2 os proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, que investiran 22.268,87 € e recibirán 15.940,00 € de axudas Leader.
– Son 16 os proxectos produtivos, que investirán 1.389.190,27 € e recibirán un total de 581.040,47 €. Estes proxectos empresariais contribuirán a creación de 17 novos postos de traballo e a consolidación de 40,06 postos de traballos existentes.
O total acumulado nas convocatorias de axuda do 2017, 2018, 2019, 2020 e agora 2021 supón neste GDR un total de 143 proxectos aprobados, cun investimento total de 8.189.465,40 € que recibirán un total de axudas Leader por importe de 3.985.346,66 €.
O desglose acumulado no periodo 17-21 segundo tipoloxía de proxectos é o seguinte:
– 56 os proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investiran 1.584.209,01 € e recibirán 1.154.000,84 € de axudas Leader.
– 16 os proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, cun investimento total de 131.052,96 € e unha achega de fondos leader por importe de 87.385,30 €.
– 71 os proxectos produtivos, cun investimento total de 6.474.203,43 € e unha achega de fondos Leader por importe de 2.743.960,33 €. Estes proxectos empresariais contribuirían á creación de 60 novos postos de traballo, dos cales o 43% se corresponden a mulleres, e a consolidación de 286,99 postos de traballos existentes.