ConcellosEn portadaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea coñece as iniciativas de emprendemento rural do Alto Narcea-Muniellos (Asturias)

O presidente deste Grupo de Desenvolvemento Rural, Paco Magide, fai un balance moi positivo desta viaxe

 

Vén de rematar a visita a Asturias, e principlamente á zona de Cangas de Narcea, que o pasado luns iniciaba un grupo de representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea. Nesta viaxe desprázornse varios alcaldes dos concellos do GDR, acompañados de emprendedores entre os que ían, gandeiros, apicultores, panadeiros-reposteiros, adegueiros e empresas de turismo rural, así como membros da Asociación de Empresarios Terras de Caldelas. O obxectivo é coñecer in situ proxectos de desenvolvemento rural e manter encontros cos emprendedores desa zona.

Dende a presidencia do GDR Sil-Bibei-Navea, Paco Magide fai un balance moi positivo da viaxe (que se desenvolvía do 3 ao 6 de outubro) e amosa a súa satisfacción “xa que se mantiveron encontros con gandeiros, apicultores, empresarios de turismo rural , adegas e casas de turismo rural, así como chacineiras en réxime cooperativo, constatando entre os emprendedores asturianos a súa ilusión e empuxe , que recoñecendo as dificultades, tratan de buscar solución para seguir para adiante”.

Así, a modo de exemplo, Magide apunta como os participantes nesta visita “puideron coñecer de primeira man como unha gandeira leva os seus becerros a un matadoiro e, feito o despece, ela mesma comercializa as canles, ou como os mesmos produtores da mel a comercializan. Tamén se mantivo unha xuntanza coa presidenta da asociación de comercio na que informou do seu funcionamento salientando aspectos importantes como campañas sorpresa para liquidar stoks en determinadas épocas”. O último proxecto visitado foi unha panadería-pastelería que tamén elabora xeados e que está en mans da terceira xeración, unha persoa xove que acaba de ter varios premios a nivel de España.

 

 

Tamén se visitou unha parte da Reserva Natural de Muniellos onde se informou das dificultades do manexo das figuras que teñen protección como Parque Natural, Rede Natura ou Reserva da Biosfera, todas presentes en distintas partes do GDR Sil-Bibei-Navea, utilizando instrumentos como a propia paisaxe e elementos da fauna para atraer visitantes durante todo o ano.

Os representantes do GDR Sil-Bibei-Navea eran recibidos no salón de Plenos do concello de Cangas de Narcea polo seu alcalde onde fixo unha exposición das actuacións relacionadas có desenvolvemento rural e informounos dun tema como o “tícket rural” polo que o Goberno de Asturias dá 35.000 euros a cada novo emprendedor que se asente no rural cunha duración entre 3 e 5 anos.

 

 

Mantívose así mesmo unha reunión co comisionado para O Reto Demográfico de Asturias, Jaime Izquierdo, quen explicou diante das comunidades veciñais de Oballo e Moal os proxectos nos que están inmersos como un plan de desenvolvemento agrícola local para un pobo pequeno con menos de 50 habitantes como plan piloto así como un plan enerxético local para o mesmo.

Tamén Paco Magide quere salientar que en moitos proxectos dos coñecidos o liderazgo é de mulleres que explican todo con detalle, cariño e ilusión sendo coñecedoras das dificultades. E sendo motores do forte asociacionismo veciñal que existe na zona.

O presidente do GDR Sil-Bibei-Navea remata a súa súa valoración cun agradecemento á xerente do GDR de Alto Narcea Muniellos, Belén Liste, polo “seu dispor para acompañar ao grupo en tódalas visitas e por ser a mellor guía posible para o coñecemento do territorio e proxectos, xunto con Silvia Alvarez e Paqui Yáñez, as técnicas do GDR que son as auténticas artífices desta interesante viaxe”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button