En portadaÚltima hora

O godello valdeorrés, en “The Guardian”

Imaxe da parte superior deste artigo, publicado a finais de abril en “The Guardian”.

 

O interese pola uva branca de referencia valdeorresa segue medrando a nivel internacional. Desta volta era o xornal inglés The Guardian que poñía o foco sobre a godello e o potencial dos seus viños. Nun artigo publicado a finais de abril e titulado “A selection of aromatic Spanish wines” (unha selección de viños aromáticos españois), este periódico menciona dentro dun trío de viños un godello valdeorrés.

Trátase do Louro da adega de Rafael Palacios, amparada pola D.O. Valdeorras e cuxos viñedos en bancais están situados no municipio do Bolo.  Del di específicamente o autor do texto, David Williams, que é “magníficamente picante, melocotón maduro e carnoso”.

 

Artigos relacionados

Back to top button