CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O gol de Javi Pazos dá a vitoria ao CD Barco en Calabagueiros

Os de Lino Estévez vencían 1-0 ao Umia CF na tarde do Domingo de Entroido

 

Na tarde do 2 de marzo, en pleno Domingo de Entroido, o CD Barco sumaba unha nova vitoria en casa. Algunhas categorías descansaban, pero non era o caso da Preferente Futgal na que militan O Barco e Umia, que se medían no campo de Calabagueiros.

Foi un partido con poucos goles, no que o disparo de Javi Pazos que non chegaba ata o minuto 75 valíalle aos locais para sumar os tres puntos en xogo.

 

 

Antes, no descanso, tal e como estaba previsto, os asistentes ao partido degustaban unha rica e quente tapa de favada por xentileza do club.

Con este resultado os valdeorreses volven liderar a clasificación con 46 puntos, empatado co segundo o Atios. A seguinte cita será no Xestal de Ribadavia contra o Atlético Arnoia.

 

 

Fotos: Julio Quintas / Alejandro Lorenzo.

Artigos relacionados

Back to top button