DeportesÚltima hora

O Gran Camiño convida ao público a saír á rúa e animar aos ciclistas ao seu paso por Valdeorras

Corredores do Gran Camiño.

 

Conta atrás para a terceira etapa da volta ciclista O Gran Camiño que mañá, sábado 25 de febreiro, percorrerá boa parte das comarcas de Terras de Trives e Valdeorras.

O pelotón que hoxe está correndo a segunda etapa entre Tui e A Guarda (Monte Santa Tegra), sairá mañá de Esgos ás 13 horas e previsiblemente chegará á meta no Alto do Castelo (Rubiá) en torno ás 17 horas. Lembramos que na subida, a carón da igrexa do Barrio, os ciclistas atoparanse con mensaxes de benvida, agradecemento e ánimo pintados no asfalto polo G.E.M. Águilas Verdes.

O corte da estrada está previsto para as 16 horas e dende a organización convidan ao público a animar aos corredores ao seu paso por Valdeorras e “rendir homenaxe aos afectados polos lumes”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button