Máis dun milleiro de persoas participaban na tarde do martes 21 de febreiro no Folión de Entroido de Barbadás que enchía de cor e fantasía A Valenzá.
O número de participantes no apartado de competición ascendía a 752 persoas, en tanto que o resto forman parte dos grupos charangueiros e membros da organización. Ademais dos participantes no Folión, estiveron presentes o plantel completo da policía local de Barbadás e voluntarios do Concello (15 persoas). Protección Civil contou coa presenza de 12 membros da agrupación de voluntarios de Barbadás, 5 efectivos de Cortegada, 2 voluntarios de Toén e 2 de Xunqueira de Ambía.
Con respecto aos premios, no categoría de individuais, a gañadora foi Maruxa Monroe (200 euros); parellas/tríos, Extraña Pareja levou o primeiro premio (300 euros), Barco de Chanquete o segundo (150 euros) e Rei Emérito o terceiro (100 euros).
En comparsas, As Lamas en Festas levou o primeiro premio (1.000 euros), Déixame tranquila xa!!! o segundo (750 euros), Moulin Rouge Estilo Libre o terceiro (550 euros) e MVT Climático o terceiro (300 euros); e en carrozas, Enerxía Renovable Concello de Barbadás levou o primeiro premio (1.000 euros), Festa Nórdica o segundo (750 euros), Cantares Galegos o terceiro (550 euros) e Marina D´OU Lolailos o cuarto (300 euros).
Fotos: Carlos G. Hervella.