A RúaConcellosÚltima hora

O Gran Premio de Montaña da Rúa solidarízase cos traballadores de Irosa e Samaca

 

Deporte, saúde, sacrificio e tamén solidariedade. O Gran Premio de Montaña que se está a celebrar polos montes de A Rúa ten unha vertente solidaria e nesta ocasión amosaba o seu apoio aos traballadores de Irosa e Samaca que aínda non saben o que lles deparará o futuro tralos problemas do grupo louseiro coa comunidade de montes.

Aí, na mañá deste domingo 1 de outubro, un grupo de traballadores portaban unha pancarta reivindicativa na saída da carreira, recibindo os aplausos dos corredores antes de cada modalidade: trail, andaina e mini trail.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button