
Baile e concurso de disfraces para culminar un dos días grandes da festa en Viana: o Martes de Entroido. Tras a gran fulionada e pasada a medionoite tiña lugar este concurso na praza Maior, onde no apartado de grupos o formado por Jorge De Álvarez, Estela Barone e Miriam Rodríguez Piñeiro facíase co primeiro premio cun elaborado disfraz que se presentaba baixo o título de “Arcanxos de Viana”.
En segundo lugar quedaba este outro grupo, tamén cun coidado disfraz e que concursaba co nome de “María Antroideiras”. Con buscaban plasmar a brancura do Entroido vianés pola fariña “dándolle un toque de elegancia”, explican.
