CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O grupo de teatro Candea pon a nota de humor á Semana Cultural de Vilanova

Interpretaban a comedia Axencia matrimonial A Media Laranxa na tarde do 8 de agosto

Na procura da súa parella ideal, unha serie de peculiares personaxes pasan polo despacho de Celestina, a propietaria da axencia matrimonial A Media Laranxa, axudada pola súa secretaria Leopolda. Xente maior como Anselmo, Federico, Lisarda,…

Este é o argumento da obra de teatro que na tarde do 8 de agosto o grupo Candea de Viana do Bolo (formado por Mariflor, Marisol, Félix, Mª Jesús e Celia) intrepretaba nas Escolas de Vilanova (O Barco de Valdeorras).

 

Un momento da representación.

 

A sesión de teatro, que fixo rir ao público asistente, enmárcase na programación da XXVI Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro que abría o pasado luns a presentación do libro Ultreya et Suseya por el Camiño de Inverno da man de Antonio Castro Voces, David Vázquez. O programa inclúe obradoiros e xogos e porá o broche mañá cunha cea popular prevista para as nove da noite, seguida de baile amenizado pola compañía de baile Sabrosura.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button