O grupo de teatro da Caniceira encherá de versos ás rúas trivesas o vindeiro martes, día 21 de marzo, ás 18 horas conmemorando o Día da Poesía. Realizará unha ruta poética na que membros do grupo de teatro da asociación interpretarán ata 20 poemas, algúns de elección propia e outros homenaxeando a escritores con rúas adicadas na vila.
O inicio desta actividade situarase na rúa Otero Pedrayo. Esta ruta está aberta a todo o público que desexe acompañalos para gozar dunha tarde de poesía.