CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O grupo de teatro de Arcos engaiola ao público coa súa obra ‘A casa da avoa’

Coa representación e a música dun dj remataban as festas patronais na honra a San Lourenzo

Publicidade

 

Volveróno facer. O teatro é sempre unha das actividades máis esperadas das festas de San Lourenzo, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) e neste 2022, tras dous anos sen poder levalo a cabo por culpa da pandemia, as expectativas eran moi altas pero superáronas con creces.

Na noite do 12 de agosto, a praza a carón do centro social volvía quedar pequena para acoller ao numeroso público que asistía á actuación do grupo de teatro de Arcos. Unha morea de veciños e veciñas, de diferentes idades e co teatro como afección común que poñían en escena unha nova e desternillante obra, dirixida por David Vázquez ‘A casa da avoa’.

 

 

Entre risas e aplausos íase desenvolvendo a peza. A historia dunha casa, que ben podería ser calquera de Arcos, pola que ían pasando os diferentes personaxes: as criadas, o maiordomo, unha nena chinesa adoptada e mesmo un sindicalista,… E todos, buscando sacarlle os cuartos a avoa…

Ao remate da representación, tocáballe o turno ao baile a cargo dun dj, poñendo así punto e final ás festas patronais de Arcos.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button