ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O grupo de teatro do IES Martaguisela reinterpreta a Romeo e Xulieta

A representación tiña lugar na tarde-noite do 3 de maio no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

Insistir na reflexión sobre graves problemas que afectan á sociedade actual como a cosificación que os medios de comunicación fan da muller, é o obxectivo da obra coa que este ano o grupo de teatro do IES Martaguisela, dirixido por Marta Cortés, sorprendía ao público.

Na tarde-noite do 3 de maio, os asistentes á representación que tiña lugar no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, puderon ver unha renovada e moderna versión da obra do clásico de William Shakespeare, con mensaxe pero tamén humor. En “Romeo e Xulieta… ou non” á protagonista feminina non lle preocupa estar bela por fora senón por dentro. É amante de Romeo pero tamén da lectura, muller de firmes principios que buscao  seu sitio nun mundo que a discrimina por ser muller e que lle impide ser libre para estar co home que ama.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button