CulturaÚltima hora

O grupo folclórico Rebulir participará nun festival internacional en Hungría

A formación de Ramirás inicia este sábado unha xira de dez días que tamén pasará por Austria
Unha trintenta de membros do grupo levan o nome de Ourense por Centroeuropa.
Unha trintenta de membros do grupo levan o nome de Ourense por Europa Central.

O grupo folclórico da Asociación Cultural Rebulir, de Ramirás, actuará nos próximos días como abandeirado de Ourense por Europa Central. Unha trintena de membros da formación inicia este sábado unha xira por Austria e Hungría que os levará a participar en eventos de renome, como o Festival Internacional de Sarvar (Hungría).

Un momento da recepción de Sotelino no Pazo Provincial.
Un momento da recepción de Sotelino no Pazo Provincial.

En días pasados, o colectivo recibiu o apoio da Deputación Provincial de Ourense, e o seu director, Alexandre Sotelino, foi recibido no Pazo Provincial polo vicepresidente, Rosendo Fernández. Así mesmo, a formación conta co respaldo do propio Concello de Ramirás.

Artigos relacionados

Back to top button