OurenseÚltima hora

O grupo vigués Maryland incorpórase ao cartel das Festas de Ourense

Actuarán este sábado en lugar de Esteban e Manuel que caen do programa
O cuarteto vigués Maryland.

A formación viguesa Maryland actuará este sábado 30 de xuño ás 21 horas na praza do Ferro, no marco das Festas de Ourense, substituíndo a Esteban e Manuel, que caen do programa coa súa proposta de Electrocumbia.

Recoñecida por emisoras como Radio3 (Grupo Revelación para “Disco Grande”, Disco do Ano para “180 graos”), Cadena Ser (“Mellor Directo” para o programa O Maketón) e o Festival Contempopránea (Grupo revelación), a música de Maryland ensambla con acerto as melodías e os riffs de guitarra cun alto poder emotivo, con moita expresividade e frescura sobre o escenario.

Con máis de 300 concertos ás súas costas, a banda vén de editar o seu cuarto disco de estudo, Resplandor, que inclúen dez cancións nas que se enfrontan, de maneira sinceira e profunda, ás súas cicatrices “animando a manterse en pé, a rexurdir como o Ave Fénix, a atopar luz nos recordos escuros”, segundo reza na súa promoción.

Artigos relacionados

Back to top button