EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Guigurri reabre as portas no Barco cunha imaxe renovada

Da man de Estrella Galicia, o Guigurri vén de reabrir as portas cunha nova imaxe mellorada, máis brillante e luminosa. Despois dunha década á beira do río Sil, este establecemento hostaleiro ubicado no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras, celebraba na noite do 17 de marzo unha brillante reinauguración á que asistía numeroso público.

Bar, cervexería, restaurante ou tapería, tras unha semana de reformas (cambio de tarima, nova iluminación e máis aberto ao río), o Guigurri abre con novos aires pero a mesma xerencia, para tomar unha copa, unha caña, tapear ou degustar a súa carta  de carnes de crianza.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button