CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O guitarrista Manuel Carballo e a banda ourensá Priscila, nas festas de San Bartolomé en Trives

 

Con música en directo para todos os públicos preséntanse as festas do Sabn Bartolomé en Trives. Así na noite do 23 de agosto comezaban os concertos ao ritmo do jazz da man de Alfonso Medela Trío. Despois estaba prevista a actuación de Alberto Cunha, actor, cantante e compositor.

O programa musical continuará esta noite de sábado 24 de agosto con Manuel Carballo, guitarrista, compositor e profesor de guitarra, que presentará en Trives ás 21h. o seu quinto traballo “Baila, baila”, feito en homenaxe ás persoas que ano tras ano perden a súa memoria debido á enfermidade neurodexenerativa do alzhéimer.

Finalmente, ás 23h. actuará a banda ourensá Priscila, cun espectáculo musical eléctrico-acústico baseado no disco “Cenizas” do grupo e mesturado con versións de pop-rock dos anos 80 e 90.

Artigos relacionados

Back to top button