EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O “Herbolario El Olivo”, agora tamén na Rúa

O establecemento abría as portas na tarde do 13 de novembro, na rúa Miguel de Cervantes Nº 19 (esquina praza do Concello)

 

Despois de 29 anos de traxectoria no  Barco de Valderras, o “Herbolario El Olivo” decidía dar un paso máis e abrir un segundo establecemento na Rúa. “Moitos dos nosos clientes son daquí e queriamos ampliar así que vimos a ocasión e fixémolo. Se esperas ao momento perfecto non fas nada así que decidímonos”, explica Eduardo Rodríguez Paradelo, responsable do negocio.

Así, despois dun tempo de preparativos, na tarde do 13 de novembro abría as portas na céntrica rúa Miguel de Cervantes Nº 19 (esquina praza do Concello), coa mesma filosofía e produtos de sempre, pero nun amplo e luminoso local. Á fronte dos dous establecementos comerciais (o do Barco e o da Rúa) mantéñense Eduardo e a súa filla Noemí que se repartirán os locais en función da demanda. O horario do que se inauguraba esta tarde na Rúa será de 10 a 13:30 e de 16 a 20h. ademais dos sábados pola mañá.

 

Un detalle da decoración.

 

E con respecto á infinidade de produtos que podemos atopar no seu interior, a oferta é case interminable. Centos de artigos naturais, complementos dietéticos, suplementos nutricionais, alimentación, produtos adelgazantes, produtos para o benestar, de saúde, cosmética natural,… No establecemento hai practicamente de todo, cunha gran variedade de plantas e derivados para resolver todo tipo de doenzas (tranquilizantes, relaxantes, laxantes,… tamén para problemas de articulacións e outros específicos como o colesterol ou adelgazantes), sen esquecer a cosmética natural (artigos sen parabenos, sen alcohol, sen ingredientes artificiais,…) e a alimentación (sementes, condimentos, aceites, produtos sen glute, biolóxicos,..). Todo un abano de posibilidades para o benestar, a alimentación e a saúde. E todo natural.

Máis información no número de teléfono: 988 31 02 21 e tamén no Facebook: Eduardo Rguez Paradelo.

 

Interior do Herbolario El Olivo na Rúa.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button