SanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras non rexistra novos ingresos por coronavirus

O centro barquense mantén tres pacientes con COVID-19 hospitalizados, segundo a ultima actualización de Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Por terceira xornada consecutiva, o Hospital Público de Valdeorras mantén a súa cifra de pacientes ingresados por coronavirus: un total de 3, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Hospital de Verín tamén se repite a cifra, un só ingreso, mentres que no Hospital Universitario de Ourense hai 49 ingresados en planta e 3 en UCI (éstes últimos con prognóstico grave).

Dos 362 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 306 permanecen a seguemento a domicilio, 53 están ingresados en planta e 3 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.923, con 1.436 curados e 125 falecementos (residencias e hospitais), segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button