
Apenas cinco días despois de quedar libre de coronavirus, o Hospital Público de Valdeorras no Barco volve rexistrar 1 ingreso en planta por Covid-19. Así se reflexa nos datos feitos públicos neste 30 de maio pola Consellería de Sanidade.
No Hospital de Ourense hai un total de 10 ingresos por coronavirus, 6 deles na UCI e 4 en planta, mentres que o Hospital de Verín ten 1 ingreso en planta.
Así, en total na provincia rexístranse 6 hospitalizacións en planta e outras tantas en Coidados Intensivos.
