En portadaÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 11 ingresos de Covid, 2 máis que onte

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.578 pacientes con infección activa, 152 menos que onte, segundo Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sétima xornada consecutiva de descenso na curva do Covid-19 na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.578 pacientes con infección activa, 152 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 4 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan lixeiramente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 96 (fronte aos 102 de onte).

En canto aos ingresos, hai 156 persoas hospitalizados en planta (2 menos que onte) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (3 máis que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra 11 ingresos de pacientes en planta (2 máis que onte), o Hospital de Verín segue con 13 ingresos, ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 129 en planta (5 menos que onte) e 18 na Unidade de Coidados Intensivos (3 máis que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.767, con 10.819 curados e 372 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 182.913 probas PCR e 86.979 probas serolóxicas.

 

Artigos relacionados

Back to top button