En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra 4 ingresos por Covid

Entrada principal ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

Despois de moitos días mantendo as cifras de hospitalizacións, volven subir os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 4 ingresos en planta por coronavirus, son 2 máis que onte.

Tamén soben os ingresos no Hospital de Verín, que ten 6 en planta (1 máis que onte) e o mesmo sucede no Hospital Universitario de Ourense con 29 ingresos en planta (2 máis que onte) e 5 en UCI (1 máis que onte). En total son 44 as persoas hospitalizadas por Covid na provincia de Ourense, 6 máis que onte.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button