En portadaSanidadeÚltima hora

O Hospital de Valdeorras rexistra un novo falecemento polo coronavirus

Trátase dunha paciente de 87 anos con patoloxías previas. A cifra de falecementos no centro barquense sube xa a doce

 

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas Galicia vén de rexistrar outros 13 falecementos de pacientes infectados con COVID-19,  un deles no Hospital Comarcal de Valdeorras. Trátase dunha paciente de 87 anos con patoloxías previas, segundo vén de confirmar Sanidade.

Ademais outros dous pacientes diagnosticados de coronavirus perdían a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), un home de 84 anos e outro de 97 anos.

Tamén falecían un home de 97 anos que estaba ingresado no Hospital do Barbanza; un home de 84 anos que estaba ingresado na Rosaleda en Santiago; unha muller de 90 anos ingresada no CHUS; un home de 79 anos e outro de 57 anos ingresados no CHUAC; catro mulleres de 86 anos, 82 anos, 83 anos e 97 anos ingresadas no CHUVI; e unha muller home de 94 anos ingresado en Povisa. Todos tiñan patoloxías previas.

A provincia de Ourense ten 1.129 casos activos de coronavirus

Na última actualización de casos activos de coronavirus en Galicia feita pública pola Consellería de Sanidade recóllense un total de 5.747. Deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense (a segunda con máis positivos de Galicia), 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos. Sumándolle a isto os casos activos neste momento o resultado dá un total de 7.176 casos na comunidade. O número de probas PCR realizadas é de 42.122.

Ata o momento dende Sanidade non se facilitaron datos desglosados da área sanitaria de Ourense.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,6% do total das persoas residentes.

Respecto das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 na residencia Caser A Zapateira (Culleredo), 2 na residencia N. S. de la Esperanza (Ourense), 1 na residencia DomusVi Barreiro (Vigo), 1 na residencia de Moledo (Vigo), 1 na residencia DomusVi de Cangas e 1 na residencia San Pedro de Crecente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button