
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra un total de 1.129 casos activos, dos que 947 permanecen a seguemento a domicilio, 160 ingresados en planta, e 23 en UCI, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, que non facilita datos desglosados nin por distritos sanitarios nin por concellos, só os dá por hospitais.
Así, no Hospital Universitario de Ourense ten 136 pacientes ingresados en planta e 22 en UCI. No Hospital de Valdeorras os pacientes ingresados en planta son 17 (tres máis que onte) e no Hospital de Verín son 6 (os mesmos que onte). Ademais hai dous pacientes ingresados no CO.SA.GA, un en planta e outro en UCI. “Os 23 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, segundo Sanidade.
O total de casos de coronavirus rexistrados na provincia ascende a 1.355, con 153 altas e 72 falecementos (neles inclúense os dous desta mañá no CHUO e 19 que se produciron en residencias), segundo Sanidade.
As probas CPRs acumuladas en Ourense ata onte son 5.364, “outras estanse remitindo tamén ao laboratorio de referencia autonómico en Vigo que ata onte realizou 8.402 de toda a comunidade”, segundo a consellería.
A situación nas residencias de maiores
Os positivos por COVID-19 entre os seus usuarios das residencias da terceira idade ourensás son 290 (4 menos que onte), segundo os datos da Consellería de Sanidade. A súa distribución por centros é esta: 60 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 16 na Res. Castro Caldelas, 39 en San Carlos (Celanova), 1 na Res. Chandrexa, 1 Res. Avoíños (Coles), 1 na Res. Quercus (Leiro), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. José Hermanitas, 103 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 34 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).
O número de positivos entre os traballadores destas residencias ourensás é de 117 (2 máis que onte ) e a distribución por centros é a seguinte: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 18 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 8 na Res. Castro Caldelas, 18 en San Carlos (Celanova), 3 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 35 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 7 na Residencia Galisénior (Ourense), 5 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.



