EconomíaEconomíaÚltima hora

O Hostal La Viuda de Trives, entre os puntos de venda das entradas para a II Festa do Cocido da Ribeira Sacra

A cita gastronómica será o día 12 de xaneiro a partires das dúas da tarde en Abeleda (A Teixeira)
Asistentes á primeira edición da festa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Xa está en marcha a II edición da Festa do Cocido da Ribeira Sacra que se celebrará o día 12 de xaneiro de 2019 na Teixeira. Unha cita gastronómica que comezará en torno ás dúas da tarde nunha carpa climatizada en Abeleda na que non faltará un bo menú, música, sorteos e agasallos.

Tal como informan dende a organización, a Asociación Val de Abeleda, a data límite para conseguir as entradas (prazas limitadas a 300 persoas) será o 8 de xaneiro e poderán mercarse nos seguintes establecementos: Cafetería Tertulia e Tapería a Fábrica, en Monforte de Lemos; Cafetería O Grilo e Restaurante Quiroga, en Castro Caldelas; Restaurante Casa Elvira, en Montederramo; Restaurante A Cantina, en Doade (Sober); Casa Grande Cristosende, na Teixeira; Restaurante O Curtiñeiro, en Parada de Sil; Bar Tapería A Casa de Marisa, en Abeleda (A Teixeira), e Hostal La Viuda, na Pobra de Trives.

O menú estará formado por sopa de cocido, cocido (a esgalla), pan, viño, auga, postre, café e chupitos. O prezo é de 19 euros para os adultos e de 10 euros para os nenos de 9 a 14 anos.

 

Cartel da II Festa do Cocido da Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button