CulturaMúsicaÚltima hora

O Hotel Piornedo (Lugo) acolle o workshop “El jazz va a la montaña”

Terá lugar durante os días 17, 18, e 19 de xullo para os músicos "que desexan ampliar os seus coñecementos da materia"

O Hotel Piornedo (Lugo) acollerá durante os días 17, 18 e 19 de xullo a segunda edición do workshop intensivo de improvisación “El jazz va a la montaña”. Estará impartido por Gio Yáñez e polo saxofonista asturiano Eladio Díaz.

 

Durante a pasada edición.

 

“A iniciativa pon en valor o patrimonio natural e cultural de Ancares e ademais serve de punto de encontro para afeccionados e profesionais que desexen ampliar os seus coñecementos na materia da man de dous músicos que xa son referentes nos seus instrumentos no citado estilo”, aseguran.

Ambos os intérpretes levan anos colaborando en diferentes proxectos, como a gravación do Septeto de Alejandro San Pelayo, grupos propios ou Monkamerata, o tributo que Gio escribiu para orquestra de cordas e quinteto sobre a música de Thelonious Monk.

 

Cartel da actividade.

 

Así, ademais do curso, Eladio e Gio ofrecerán concertos ao longo da fin de semana, nunha invitación aberta xa non só a músicos, “senón ao público que desexe achegarse os días 17, 18 e 19 de xullo a Piornedo”.

No prezo do curso está incluído o aloxamento en réxime de pensión completa no Hotel Piornedo. O período de matrícula finaliza este domingo, día 12 de xullo. Ata entón, todos os interesados poderán inscribirse e solucionar calquera dúbida no mail: gio@lacasadeljazz.com

 

 

Desde a organización, o hotel e os patrocinadores, “garántese que se cumprirán as máis estritas medidas de seguridade para que o evento se celebre sen perturbacións de ningún tipo, atendendo aos protocolos establecidos polo Ministerio de Sanidade”.

Artigos relacionados

Back to top button