CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O concerto da Banda de Música Santádega pon o broche á XVI Festa do Codillo da Rúa

 

Igual que empezaba. Con música, aínda que de estilo ben diferente, remataba o exitoso programa da XVI Festa do Codillo da Rúa.

 

 

Se o venres, eran os cantos de taberna os que quentaban o ambiente polos bares da vila, na tarde deste domingo 26 de xaneiro era a Banda de Música Santádega a que poñía o broche musical á celebración cun ameno concerto no Centro Cultural Avenida.

 

 

Santádega, banda de música do Concello de Coles actualmente consolidada como un referente en Galicia, nace en marzo de 2008 por iniciativa de Luis Humberto Cao, pianista natural da localidade. Nas súas intervencións conta cuns 50 músicos, a maioría deles formados na propia Escola de Música do Concello de Coles.

 

 

Ten alcanzados varios recoñecementos artísticos en encontros e certames, especialmente nos organizados pola Federación de Bandas de Música de Galicia e conta cun amplo repertorio de interpretación que inclúe distintos estilos musicais adaptándose ao evento e público.

Na Rúa, baixo a batuta de Roberto Iglesias Rey, fixo un repaso por algúns dos seus mellores temas. De feito un deles abría o acto de homenaxes que se celebraba onte no mesmo escenario.

 

 

Este concerto está incluído na programación da Rede de Autitorios Provincial de Ourense (reaOU) da Deputación de Ourense, da que forma parte o C.C. Avenida.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button