OurenseÚltima hora

O humor de Carlos Latre, este domingo no Auditorio de Ourense

O cómico das mil voces trae á cidade das Burgas o seu espectáculo In Live
O humorista Carlos Latre.
O humorista Carlos Latre.

O Auditorio Municipal ofrece esta semana un variado programa cultural no que caben disciplinas coma a danza contemporánea, da man da ourensá Nuria Sotelo, a clásica cita co teatro infantil dos domingos pola mañá, e a actuación do humorista Carlos Latre o domingo pola tarde. A oferta cultural inclúe, ademais, visitas guiadas gratuítas ás exposicións do Outono Fotográfico no Museo Municipal: Renacer, de Eva Díez, Soji, de Júlia Franco, e El paraíso, de David Mocha, son as mostras que se poden ver neste espazo da rúa Lepanto este mércores ás 20:30 horas coa presenza do curador da exposición.

Carlos Latre é, posiblemente, o mellor imitador de España. Humor con selo propio no que resume toda a actualidade política, social, cultural e deportiva do país. Case un cento de personaxes no escenario nunha actuación chea de divertidísimos golpes de humor. Música, coreografías, a actualidade máis próxima a cada localidade. Co seu novo espectáculo In Live actuará no Auditorio o domingo 13 de novembro ás 19:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button